mércores, 6 de xullo de 2022

FALANDO DE ROSALIA

 O alumnado de 5º de E. infantil realizaou un traballo precioso sobre Rosalia de Castro colaborando nun mural xigante e taén nos cantaron un poema musicalizado chamado "O MOUCHO"

Tendes acceso pinchando aquí.



martes, 5 de xullo de 2022

ENTREVISTA AOS PROFES DO CONSERVATORIO MANUEL QUIROGA



No mes de marzo visitaron o noso centro un grupo de profesorxs do Conservatorio de Música Profesional Manuel Quiroga de Pontevedra, e como non podía ser doutro xeito, ao rematar o concerto Isidro García e Laura Jiménez pasaron por Radio Cabanas para ser entrevistadxs. 

Podedes escoitala aquí debaixo.



A NOSA ROSALIA


 

Os nenos e nenas de 3º de Primaria homenaxearon á poeta Rosalía de Castro no seu día. Agardamos que vos guste.


ORALIDADE: PATRIMONIO INMATERIAL

 Este ano os nenxs de Cabanas estivemos traballando co noso patrimonio, en concreto o noso patrimonio inmaterial : as cantigas, as regueifaas , as rimas, os xogos , adiviñas e tamén a expresión oral a través das fotografias antiguas.

Para rematar o curso decidimos gravar en radio Cabanas un podcast no que poder amosar todo o que estivemos aprendendo.

Deste xeito temos un producto final que esperamos que lle guste a todos.

ESCOITADE ATENTAMENTE

Aquí vos queda tamén  unha mostra da exposición das  fotografias antigas.



                                       
                                                   









luns, 10 de maio de 2021

A RADIO DE CABANAS XA TEN LOGO E NOME

 Este curso escolar 2021 comeza unha nova andaina dentro das actividades da nosa biblioteca PATATECA.

TEMOS LOGO!!!!!

LARA de 6º B foi a gañadora do noso concurso. 

Resultou a opción máis votada polo noso alumnado!!!

Noraboa!!!



sábado, 1 de maio de 2021

MY FAVOURITES

Radio Cabanas vai tendo cada vez máis participación.

Nesta ocasión o alumnado fai o programa en inglés.

Visitade o blogue de  Inglés  para oílo.

CABANAS LOVES INGLISH

O alumnado de 5º e   6º está que se sae.


 

luns, 26 de abril de 2021

XOGA COAS MANCIÑAS


 O alumnado de 3º e 4º durante este curso escolar " Xogaron coas manciñas" .

Aprenderon a comunicarse coas mans, a expresarse sen voz pero con palabras e música.

Para escoitalo  clica aquí

venres, 16 de abril de 2021

OS CAVERNÍCOLAS EN RADIO CABANAS

 O alumnado de 6º de E. Infantil visitan  Radio  Cabanas para  explicarnos todo o que saben dos cavernícolas 
Se queredes saber como fixeron entrada no blogue da profe María clicando aquí.


luns, 12 de abril de 2021

venres, 19 de marzo de 2021

PRIMAVERA 2021

 

 Poemario da Guía definitiva das aves da Galiza de Salvador Lueiro, Nacho Munilla e Pancho Lapeña interpretado polo alumnado de 2º E.P. do CEIP Cabanas.

 


 

Para escoitalo clicade aquí

xoves, 11 de marzo de 2021

ESPECIAL DIA DA MULLER 2021

 

 O alumnado de 6º presenta un programa especial sobre o día da muller traballadora, celebración do 8 de marzo 2021.

Para escoitalo clicade aquí

mércores, 10 de marzo de 2021

8 MARZO DIA DA MULLER TRABALLADORA

 



O alumnado de 3º foi o que máis visitou RADIO CABANAS

Nesta ocasión para facer unha  pequena homenaxe a todas as mulleres traballadoras

Para escoitalo clicade aquí.


martes, 2 de febreiro de 2021

XA TEMOS RADIO!!!!

 

Fai uns días xa que rematamos a instalación de todo o necesario para ter no cole a nosa radio escolar.

Mesa de mezclas, micrófonos, ordenador...







Foi entón,  cando os nen@s de 2º de Primaria, puideron participar nun taller do programa  "Escolas nas ondas"-

Nel aprenderon qué é unha radio, para qué sirve, cómo se fai un guión radiófonico, cómo debemos compartir información ou música, saber escribir para falar e saber falar con boa entoación ...









Pouco a pouco irán pasando todas as clases por aquí e intentaremos ser creativos e pasalo ben.
Ata pronto!!!


 

luns, 1 de febreiro de 2021

ESTREANDO RADIO CABANAS

 Agoa a nosa radio xa ten nome " RADIO CABANAS" pero cando o alumnado e 2º de E. Primaria estreo a Radio aínda non se fixera o concurso.

Ser os primeiros en usar a Nosa  Radio ten méritp e seguro que os de 2º o recordarán sempre.

Foi co gaio de celebrar o día da paz conmemorando a ROSA PARKS.

Escoitao no blogue da nosa BIBLIO  

http://alcouvebiblioteca.blogspot.com/2021/01/contra-o-racismo-rosa-parks.html


Queredes ver todo o proceso?? Pois clicade aquí para visitar o blogue do curso.