martes, 2 de febreiro de 2021

XA TEMOS RADIO!!!!

 

Fai uns días xa que rematamos a instalación de todo o necesario para ter no cole a nosa radio escolar.

Mesa de mezclas, micrófonos, ordenador...







Foi entón,  cando os nen@s de 2º de Primaria, puideron participar nun taller do programa  "Escolas nas ondas"-

Nel aprenderon qué é unha radio, para qué sirve, cómo se fai un guión radiófonico, cómo debemos compartir información ou música, saber escribir para falar e saber falar con boa entoación ...









Pouco a pouco irán pasando todas as clases por aquí e intentaremos ser creativos e pasalo ben.
Ata pronto!!!


 

luns, 1 de febreiro de 2021

ESTREANDO RADIO CABANAS

 Agoa a nosa radio xa ten nome " RADIO CABANAS" pero cando o alumnado e 2º de E. Primaria estreo a Radio aínda non se fixera o concurso.

Ser os primeiros en usar a Nosa  Radio ten méritp e seguro que os de 2º o recordarán sempre.

Foi co gaio de celebrar o día da paz conmemorando a ROSA PARKS.

Escoitao no blogue da nosa BIBLIO  

http://alcouvebiblioteca.blogspot.com/2021/01/contra-o-racismo-rosa-parks.html


Queredes ver todo o proceso?? Pois clicade aquí para visitar o blogue do curso.